Sunday 08 de September de 2024

O concello licita o proxecto de renovación dos proxectores das torres de iluminación do campo de futbol a Porta Santa de Paisaco


Investiranse 57.000 procedentes integramente de fondos municipais.

O Concello vai renovar os proxectores das torres de iluminación do campo de fútbol A Porta Santa de Paiosaco na procura do dobre obxectivo de mellorar sensiblemente a visibilidade na zona de xogo e beneficiar ao medio ambiente ao instalar un sistema máis eficiente enerxeticamente.

O proxecto sacouse hoxe a licitación coa publicación do expediente na Plataforma de Contratación del Sector Público. A documentación está dispoñible para a súa consulta e o prazo de presentación de ofertas permanecerá aberto ata o 19 de agosto.

Actualmente as catro torres contan con 24 luminarias de halóxenos metálicos cunha potencia total de 48.000 vatios. A intervención proxectada consiste na substitución deses proxectores por outros de tecnoloxía LED que ofrezan unha solución eficiente posibilitando mellorar a iluminación na zona de xogo cunha redución da potencia eléctrica ata os 16.000 vatios (a terceira parte da actual).

O orzamento supera os 57.000 euros que o Concello investirá integramente na mellora da calidade do servizo que se ofrece nas instalacións e, ao mesmo tempo, favorecer o desenvolvemento sostible e a consecución dos obxectivos da transición ecolóxica, ademais de tratarse dunha intervención que minorará o consumo eléctrico do campo de fútbol nun 30 % aproximadamente, o que tamén implicará un aforro no gasto do subministro para as arcas municipais.